Flores, velas e masiva afluencia de xente aos cemiterios
Por Diego Torrado
A chuvia que caeu insistente dende última hora deste venres detívose cando chegou a hora de ir aos cemiterios. Este sábado, Día de Todos os Santos, ameazaba con discorrer chuvioso e con tormentas, un día desapracible como foi habitual nos últimos anos na bisbarra de Pontevedra e os seus arredores, pero o tempo sorprendeu e permitiu aos cidadáns acudir aos camposantos sen paraugas.
O bo tempo incrementou a afluencia de pontevedreses aos cemiterios da capital e a súa bisbarra con respecto ao ano pasado e repetiu as imaxes de trasfego de flores e velas pola mañá e de visitas ás tumbas e asistencia a actos litúrxicos pola tarde.
A grande afluencia de persoas fixo necesario tamén aplicar o dispositivo especial de tráfico deseñado pola Policía Local de Pontevedra nas inmediacións dos camposantos de Lérez e San Amaro, os dous máis grandes da cidade. Si houbo pequenos atoamentos, pero non outras incidencias graves da circulación.
Relacionadas:
-
Dispositivo especial de tráfico da Policía Local para regular o acceso aos cemiterios
Por Redacción |
-
Posta a punto nos cemiterios municipais de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Posta a punto dos cemiterios pontevedreses de cara o día de Todos os Santos
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Cotobade prepara os accesos aos cemiterios con motivo do Día de Defuntos
Por Redacción |