O Nó dos Bombeiros tamén será apto para os peóns
Por Redacción
O Nó dos Bombeiros será a partir do ano 2015 tamén apto para os peóns. Será grazas a unha actuación que ven de anunciar a Deputación Provincial, pero executará o Mnisterio de Fomento: a construción dunha pasarela peonil na zona.
Segundo anunciou o presidente da Deputación, Rafael Louzán, negociou con Fomento a construción dunha pasarela para dar servizo aos veciños residentes na zona e aos que proceden da Caeira e A Barca.
Con esta actuación evitarase o paso a pé por unha estrada que, "na actualidade, converte ao lugar nun perigo permanente para o paso de peóns". Segundo as previsións que manexa Louzán e que fixo públicas no último Pleno da Corporación, "está previsto que se poida executar en 2015"
Así, como froito da negociación mantida co Ministerio de Fomento conseguiuse que se licite a obra a principios do vindeiro ano, dentro do proxecto ministerial para conectar directamente a Ponte das Correntes coa AP-9. En canto ao proxecto de remodelación do nó, aínda non hay prazos concretados, pero si conta cos informes favorables do Ministerio de Medio Ambiente.
Trátase dunha obra que inicialmente estaba incluida no proxecto de construción da Ronda Leste de Pontevedra recén aprobado polo Pleno, de modo que nesa mesma sesión Louzán aproveitou para dar a coñecer as novas negociacións.
Relacionadas:
-
Fomento evita dar prazos para as obras do enlace de bombeiros coa autoestrada
Por Oskar Viéitez |
-
Meijón pregunta a Ana Pastor cando concluirá o enlace de Bombeiros coa AP-9
Por Redacción |
-
Os Presupostos Xerais do Estado inclúen 25 millóns para a autovía A-57 en 2015
Por Diego Espiño |
-
Fomento non sabe cando acometerá a reforma do nó de bombeiros
Por Oskar Viéitez |