Pequeno incendio nun edificio da rúa Xeneral Martitegui
Por Diego Torrado
A Policía Municipal de Pontevedra informou dun incendio rexistrado no número 10 da rúa Xeneral Martitegui. O suceso tivo lugar ás 16:15 horas deste luns.
Segundo explicaron os Bombeiros de Pontevedra a campá extractora dunha vivenda do primeiro piso deste edificio incendiouse. O lume non tivo máis consecuencias que un forte olor a queimado.
Os veciños do edificio saíron á rúa para comentar o incidente sen que tivesen que ser desaloxados.
Ademais da Policía Local, ao lugar do suceso acudiron os bombeiros cun camión de intervención e un segundo vehículo con escaleira mecánica. Tamén se presentou unha ambulancia medicalizada, mais o seu servizo non foi necesario.