Afectados polas preferentes 'Venden por estafa' unha sucursal de Novagalicia Banco
Por Redacción
As denuncias por estafa que realizan os afectados pola comercializacción de participacións preferentes xa non quedan nos berros e pancartas das súas manifestacións. Este xoves 6 de novembro plasmaron esta queixa por escrito e no lugar no que máis dano pode facer Novagalicia Banco, unha das súas sucursais bancarias.
Do escaparate da sucursal que Novagalicia Banco na rúa Arzobispo Lago de Vilagarcía colga un cartel dos regulamentarios que utilizan as inmobiliarias e propietarios para poñer en venda as súas propiedades, pero co seu particular mensaxe de protesta: 'Se vende por estafa'.
A Plataforma de Afectados pola comercialización de participacións preferentes e outros produtos financieiros tóxicos xa "vendeu" en outubro unha sucursal de Novagalicia Banco na Illa de Arousa. As ventás e a porta quedaron daquela empapeladas co mesmo cartel de 'Se Vende' que colga de cada vez máis negocios e propiedades inmobiliarias.
Ademais, a sucursal vilagarciana na que se explica a "estafa" como motivo de venda tamén protagonizou anteriores e rechamantes protestas dos afectados. Días atrás unha muller concentrouse á spuertas da oficina berrando "esto es un atraco" e ameazou cun encerro no interior. Non chegou a realizalo.
Relacionadas:
-
Consumo seguirá coas arbitraxes mentres NGB acepte solicitudes
Por Oskar Viéitez |
-
Protesta do BNG no interior de Novagalicia Banco
Por Anxo Lourido |
-
Afectados polas preferentes rexeitan unha quita
Por Oskar Viéitez |
-
"A xente está aburrida de nos, máis non nos cansaremos"
Por Oskar Viéitez |
-
Afectados polas preferentes 'venden' Novagalicia Banco na Illa de Arousa
Por Natalia Puga |