O novo cámping da Illa de Ons, pendente só da licenza municipal
Por Redacción
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas concedeu a autorización autonómica para a instalación dun campamento turístico no lugar de Chan da Pólvora, na Illa de Ons. ÿ un permiso previo á concesión de licenza municipal que terá que outorgar o Concello de Bueu.
Segundo informou a Consellería de Medio Ambiente a a través dun comunicado, o Concello de Bueu remitiu o pasado mércores á Xunta de Galicia a documentación precisa para acadar este permiso e agora correspóndelle emitir a necesaria licenza municipal. ÿ o trámite do que está pendente o camping, unha vez que xa conta co informe favorable e de autorización da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
A instalación situarase na actual área de acampada, actualmente xestionada por unha empresa privada e que se adaptará á normativa vixente de campamentos turísticos. As instalacións existentes na actualidade atópanse fóra do recinto de acampada, contemplándose a demolición das mesmas.
As características tipolóxicas, estéticas e construtivas, así como os materiais, as cores e acabados das edificacións serán acordes coa paisaxe rural e coas construcións tradicionais do contorno.
O proxecto contempla 72 parcelas de 40 metros cadrados para tendas de campaña das cales 66 será para un máximo de catro persoas e seis serán para dous ocupantes. A capacidade máxima de ocupación do cámping será de 276 persoas.
Relacionadas:
-
VIDEO.- O novo cámping de Ons prevé acoller unhas 16.000 persoas este verán
Por Redacción |
-
O cámping de Ons abrirá a mediados de xullo e será de pagamento
Por Redacción |
-
Queres acampar este verán en Ons? Xa se poden solicitar os permisos para pasar alí uns días
Por Redacción |
-
O camping de Ons abre o día 15 coa xestión da Xunta
Por Redacción |
-
A Xunta privatizará por 30 anos o camping de Ons que pasará a ser de pago
Por Oskar Viéitez |