Piden sete anos de prisión para un arousano por tráfico de drogas
Por Oskar Viéitez
A sección cuarta da Fiscalía provincial de Pontevedra sinalou para o día 11 a apertura de xuízo oral contra un arousano, G.I.R., acusado dun delito contra a saúde pública polo que lle pide sete anos de prisión e 15.729 euros.
G.I.R. conta con antecedentes ao ser condenado en sentenza firme no ano 2007 pola Audiencia da Coruña por un delito de cultivo, elaboración ou tráfico de drogas.
O caso que lle sentará novamente no banquiño dos acusados ven dunha investigación por tráfico de drogas iniciada pola Garda Civil no transcurso da cal o xulgado de instrución número seis de Lugo autorizou o pinchazo de varios teléfonos.
Froito desas escoitas os axentes constataron varias conversacións entre o acusado e outro home, nas que se puido saber que concertaran unha cita no bar Caraima de Caleiro, en Vilagarcía de Arousa.
Naquela cita do bar de Caleiro a fiscalía entende que xestionaron a compra de 40 gramos de cocaína polos cales pagáronse 1.200 euros.
Despues de realizar a compra, os dous clientes foron interceptados no seu vehículo por un grupo de axentes da EDOA, o Equipo contra a Delincuencia Organizada e Antidrogas da Garda Civil, intervíndoselles a droga.
Uns feitos polos que estes dous detidos xa foron xulgados e condenados pola Audiencia provincial de Lugo.
A Fiscalía acusa a este arousano dun delito contra a saúde pública polo que lle pide sete anos de prisión e 15.729 euros.