AGE demanda que se execute a sentenza dos recheos do porto garantindo o 100% dos postos de traballo
Por Natalia Puga
Alternativa Galega de Esquerda (AGE) reiterou este venres a demanda xa planteada no Parlamento de Galicia de que se execute a sentenza que ilegaliza os recheos do Porto de Marín. Fíxoo o deputado Juan Fajardo durante unha visita á zona de Os Praceres, cos recheos portuarios ao fondo, na que reclamou que antes de executarse a resolución xudicial se constitúa unha mesa técnica para abordar a mellor maneira de actuar.
Fajardo recoñece que a execución da sentencia ten "dificultades técnicas", de aí a necesidade de que se redacte un proxecto técnico previo. A maiores, e con anterioridade á execución, pide que se redacte un proxecto de reubicación industrial que garanta o 100% dos postos de traballo.
"Non se pode ter as Rías como polígonos industriais, son zonas de riqueza pesqueira, marisqueira..."
Ese proxecto de reubicación esixe a aplicación dun plan de viabilidade "para que non se perda nin un só dos empregos" e tamén buscar alternativas que permitan crear moitos máis empregos dos que existen na actualidade. Para facelo posible é necesario deseñar unha política portuaria "correcta", pois "non se pode ter as rías como polígonos industriais porque non son polígonos industrias, son zonas de riqueza pesqueira, marisqueira..." .
O deputado de AGE criticou que nos últimos tempos outras forzas políticas o acusaran de ir contra os traballadores por pedir a execución da sentenza. Queixase de que "hai determinadas organizacións politicias que, ante unha ilegalidade, o que fan é tratar de matar ao mensaxeiro", pois "o que non se pode é cargar contra aqueles que o único que piden é que se cumpla a lei".
Ao respecto, asegura que Alternativa Galega de Esquerda "en ningún caso" puxo en cuestión o futuro do emprego no porto de Marín nin nas empresas que ocupan a zona dos recheos, senón que o seu partido o único que di é que hai unha sentenza e que os responsables desa sentenza son "os responsables políticos que permitiron unha ilegalidade".
"Cando nos demos conta en vez do Porto de Marín teremos o Porto de Marín-Sanxenxo, poderemos seguir camiñando"
Na opinión de Fajardo, "os únicos que teñen que pagar son os responsables políticos desa barbaridade", de aí que a súa proposta é que hai que garantir tanto o mantemento do emprego como a compensación económica ás empersas que "de boa fe ocupan ese espacio" para que, deste xeito, "as empresas continuén e os traballadores continúen".
A execución da sentenza debe levar aparellada, na súa opinión, que os responsables políticos paguen as indemnizacións multimillonarias que cre que terían que darlle ás empresas e traballadores afectados. Tanto para resarcir aos prexudicados como a modo de "medicina preventiva", pois opina que se non se castigan este tipo de irregularidades "cando nos demos conta en vez do Porto de Marín teremos o Porto de Marín-Sanxenxo porque será un recheo continuado ata Sanxenxo e poderemos seguir camiñando".
Relacionadas:
-
A Xunta insiste en que é "imposible volver á situación orixinal" cos recheos do Porto
Por Natalia Puga |
-
O Supremo rexeita o recurso de catro empresas do Porto para anular o derrubamento dos recheos
Por Redacción |
-
PP, PSOE e BNG consideran 'inexecutable' a sentenza de derrubamento dos recheos do Porto
Por Oskar Viéitez |
-
A ilegalización dos recheos do porto paraliza un investimento de 3,5 millóns de euros
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O presidente do Porto de Marín alerta de que a demolición dos recheos suporía a perda de 400 empregos
Por Anxo Lourido |
-
Os Praceres pide ao TSXG a execución da sentenza contra os recheos do porto "sen máis dilación"
Por Redacción |