Roubo no cemiterio da Insua
Por Redacción
O cemiterio da Insua, en Ponte Caldelas, sufriu o impacto dos ladróns. Alguén subtraeu ata 30 metros de reixas da rede de pluviais do camposanto.
O Concello de Ponte Caldelas indicou que o roubo foi descuberto na mañá deste luns por operarios municipais e derivará na presentación dunha denuncia ante o posto da Garda Civil da localidade.
Ata o momento descoñécese cando puido producirse o roubo desta reixa instalada no interior do cemiterio, pero todo apunta a que se perpetrou durante a fin de semana.