Pesadelo? Mellor: un Rías Baixas na cociña
Por Oskar Viéitez
Adegas Terras Gauda logrou introducir os seus viños nos restaurantes que posúe en Qatar o chef británico de fama internacional Gordon Ramsay, autor do coñecido programa de televisión Pesadilla en la cocina e de varios libros.
Gordon Ramsay dispón de varios establecementos de restauración no St Regis, un luxoso hotel de 5 estrelas situado en Doha, a capital de Qatar, e nas súas cartas figuran Terras Gauda, Abadía de San Campio e A Mar xunto aos viños máis exclusivos de todo o mundo.
Así mesmo, esta adega conseguiu que o restaurante dun dos museos máis importantes de USA, The Art Institute of Chicago, seleccione Abadía de San Campio para incluír na súa carta.
Precisamente, USA é un dos mercados internacionais de referencia para a bodega, que consolidou a súa posicionamiento neste país durante o 2012, exercicio no que tamén reforzou a súa presenza noutros mercados estratéxicos: Canadá, Reino Unido, México, Noruega e Holanda; e comezou a exportar a Austria, Rumanía e Uruguay.
As outras adegas do Grupo Terras Gauda, Pittacum e Quinta Sardonia, incluíron tamén os seus viños nas cartas de prestixiosos restaurantes internacionais.
O equipo de sumilleres do NOMA (Dinamarca), distinguido por terceiro ano consecutivo como o mellor restaurante do mundo, incluíu na súa exclusiva carta a QS, veu de alta gama baseado nos principios da biodinámica.
Pittacum barrica foi seleccionado polo Willy de Shangai; Auga, Temple e Migas (Pekín); The Art Institute of Chicago e nos restaurantes de Gordon Ramsay en Qatar.