Incendio nunha empresa de reciclaxe do Campiño
Por Diego Torrado
O Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia alertou este venres dun incendio industrial en Pontevedra. Aconteceu ás 14:34 horas nunha empresa de reciclaxe da rúa Mámoa deste polígono.
Segundo informaron os Bombeiros de Pontevedra, o lume orixinouse nunha das máquinas situada no interior das instalacións da empresa Luis Rivas SL dedicada ao tratamento de residuos e despezamento.
O lume calcinou esta máquina, sen que houbese que lamentar máis danos.