Unha homenaxe "agridulce" á Constitución, cun recordo permanente á axente morta en Vigo
A Subdelegación do Goberno en Pontevedra acolleu este sábado o tradicional acto en homenaxe á Constitución de 1978 que, cada ano, se celebra coincidindo coa data da súa aprobación, o 6 de decembro. Pero nesta ocasión, foi un día "agridulce", tal e como o definiu o propio subdelegado, Antonio Coello. Unha homenaxe "teñida de dolor" pola morte de Vanessa Lage, a axente de policía falecida durante o atraco a un banco en Vigo.
Antonio Coello afirmou que "aún no nos hemos recuperado de la desolación" que deixou nas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado a morte "a sangre fría" desta axente nun suceso no que tamén rematou ferido de gravidade o seu compañeiro, o subinspector Vicente Alló. Esta traxedia, segundo o subdelegado, foi o momento "más duro" de toda a súa vida pública e recoñeceu que esta morte o deixou "devastado".
Trátase dun suceso, dixo, "que nos afecta a todos" porque deixou unha "desoladora huella en nuestros corazones" e recordou que Vanessa Lage "defendió con su vida la Constitución" e por iso o Goberno optou por renderlle homenaxe coincidindo co 36 aniversario da Carta Magna. Foi unha "homenaje de respeto y gratitud" que incluíu un sentido minuto de silencio, durante o cal os seus compañeiros da Policía Nacional e a Garda Civil se mostraron certamente emocionados.
Durante o evento, no que o subdelegado do Goberno estivo acompañado de diversas autoridades civís e militares entregáronse condecoracións ao Mérito da Protección Civil a cinco axentes do Corpo Nacional de Policía, catro axentes da Garda Civil así como a dous integrantes das agrupacións de Protección Civil que desempeñan as súas funcións na provincia de Pontevedra.
Os axentes condecorados foron os seguintes:
- Manuel González Velo, Víctor González Vázquez e Javier Garrido Serrantes, axentes da comisaría de Vilagarcía, que participaron no dispositivo de busca dunha moza desaparecida e que tiña a intención de suicidarse.
- Álvaro Pérez González e Gustavo Ayguade Jerez, axentes da comisaría de Vigo-Redondela, que evitaron o suicidio dun home que trataba de aforcarse no seu cuarto.
- Héctor Mariano García Coello e Javier Santomé Rodríguez, cabo e membro da patrulla do Seprona de Vilagarcía, que participaron nas tarefas de busca dun ancián desaparecido en Caldas de Reis.
- Fernando Fernández Regueira, axente destinado á patrulla do Seprona de Vilagarcía, que estando fóra de servizo salvou a vida dun home que se desplomou no aeroporto de Lavacolla.
- Rubén Dorado González, axente destinado á patrulla do Seprona de Vilagarcía, que rescatou tres portugueses dun camión envorcado nunha ponte.
- Alberto Otero Miguens e Anxo Riveiro Espiño, integrantes de Protección Civil de Valga, por colaborar na busca dun home desaparecido.
Tras a entrega destas condecoracións, Antonio Coello retomou a palabra para destacar que que a Constitución conforma un "documento que lleva sirviéndonos lealmente desde aquel histórico diciembre del 78" e que segue sendo, a día de hoxe, "la herramienta más firme y eficaz para garantizar el diálogo, la paz, la unión y la concordia de todos los españoles".
Engadiu que trinta e seis anos despois, a gratitude que debemos á Carta Magna é "infinita" e debe expresarse polo tanto publicamente. O seu texto, "serenamente acordado por representantes de todas las ideologías y producto de un amplio consenso", axudou a crear, sinalou, unha España "más libre, más tolerante, más sincera e más justa", converténdose tamén no factor que "más ha contribuido a cohesionar el territorio nacional".
"Esta España, que ha sorteado tan difíciles momentos y que se ha sobrepuesto a situaciones sumamente complejas, no podría haber resistido el reto sin un respaldo tan significativo y sólido como su Ley de Leyes", concluíu o subdelegado, que pediu aos asistentes tributar unha homenaxe de "cariño, admiración y respeto" á Constitución. Foi xusto antes de proclamar os tradicionais berros en honor ao Rei e á Carta Magna.
O acto concluíu coa interpretación, por parte da Banda da Escola Naval Militar de Marín, do himno galego e do himno nacional.
Relacionadas:
-
Renden homenaxe á pontevedresa Vanessa Lage, asasinada en Vigo hai oito anos
Por Redacción |
-
A Carta Magna e os 21 magníficos
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
Sindicatos policiais critican a entrega de chalecos antibalas "con arranxos tipo Pepe Gotera e Otilio"
Por Redacción |
-
Reclaman un novo proceso constituínte no que a cidadanía teña un "poder principal"
Por Redacción |
-
Bandeira a media hasta para recordar a Vanessa, unha policía "muy activa y solidaria"
Por Natalia Puga |
-
A policía falecida nun tiroteo cun atracador en Vigo residía en Pontevedra
Por Natalia Puga |