Por primeira vez en cinco anos a peaxe das autoestradas non subirá en 2015
Por Redacción
O prezo medio da peaxe da rede de autoestradas dependentes da Administración do Estado non subirá en 2015 por vez primeira nos últimos cinco anos, segundo informaron fontes do sector á axencia de comunicación Europa Press.
No caso da Autoestrada do Atlántico, a AP-9, o traxecto completo entre Vigo e A Coruña encareceuse un 22,8% nos últimos cinco anos, ao pasar dos 12,5 euros de 2009 aos 15,35 actuais.
O departamento que dirixe Ana Pastor pretende sumar á conxelación da peaxe outros descensos no prezo a través de descontos durante as 'horas val' (as de menor intensidade tráfico).
Dende hai un ano aplícase un desconto na viaxe de volta para todos os vehículos que cobren o tramo entre Pontevedra e Vigo, o que supuxo un aforro de 3,1 millóns de euros aos vehículos lixeiros, é dicir, permitiu 1,4 millóns de desprazamentos gratuítos entre as dúas cidades.
A concesionaria da AP-9, Audasa, quere iniciar á volta do Nadal as obras de ampliación da ponte de Rande, cuxa duración oscilará entre os 23 e os 30 meses en función da oferta que resulte gañadora.
Relacionadas:
-
Ana Pastor destaca que Pontevedra será "más competitiva" coa ampliación da ponte de Rande
Por Redacción |
-
Ano novo, prezos conxelados
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta admite discrepancias técnicas co Estado para transferir a autoestrada
Por Oskar Viéitez |
-
Autopistas del Atlántico licita as obras de ampliación de Rande
Por Redacción |