O Supremo rexeita o recurso de catro empresas do Porto para anular o derrubamento dos recheos
Por Redacción
Novo revés xudicial para o Porto de Marín. O Tribunal Supremo rexeitou o recurso interposto por catro grandes empresas contra a sentenza que ordena o derrubamento de 300.000 metros de recheos ilegais realizados nas instalacións portuarias. Trátase de Ceferino Nogueira, Pérez Torres Marítima, Gonvarri Galicia e Cementos Cosmos, catro compañías afectadas de cheo por esta orde de demolición.
O pasado mes de novembro estas catro empresas solicitaron a nulidade da sentenza que ordena o derrubamento dos recheos, ditada polo Supremo en 2009, alegando que se violara o seu dereito á tutela xudicial efectiva, ao non ser emprazadas nun proceso que, entendían, aféctalles por ser concesionarios das instalacións portuarias na zona afectada.
Pedían, polo tanto, a "reposición das actuacións ao momento de ser emprazados" como parte para contestar á denuncia formulada inicialmente pola Plataforma Defensora da Praza dos Praceres. ÿ dicir, practicamente iniciar de novo todo o proceso.
Pero a resolución do Supremo é clara. Esa non é razón para que debesen ser informadas dun proceso "para axuizar a conformidade a dereito ou non do Plan Especial do Porto de Marín do 3 de outubro de 2000". Por todo iso, o Alto Tribunal rexeita este recurso e non paraliza a orde de derrubamento.
Relacionadas:
-
A Xunta fará "todo lo posible hasta el último momento" para evitar o derrubamento dos recheos do porto
Por Natalia Puga |
-
Rueda esgrime a "importancia socioeconómica" do Porto de Marín fronte á sentenza dos recheos
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta insiste en que é "imposible volver á situación orixinal" cos recheos do Porto
Por Natalia Puga |
-
CIG chama ao desacato da sentenza e pide á Fiscalía que procese aos responsables dos recheos do Porto
Por Oskar Viéitez |
-
AGE demanda que se execute a sentenza dos recheos do porto garantindo o 100% dos postos de traballo
Por Natalia Puga |
-
PP, PSOE e BNG consideran 'inexecutable' a sentenza de derrubamento dos recheos do Porto
Por Oskar Viéitez |
-
A ilegalización dos recheos do porto paraliza un investimento de 3,5 millóns de euros
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |