O xulgado tamén desestima a reclamación de María Biempica polos soldos atrasados
Por Redacción
O xulgado desestimou a reclamación da concelleira non adscrita María Biempica, que pedía a cantidade de 29.243 euros correspondentes á súa media dedicación exclusiva dende setembro de 2012 a decembro do 2013, cando formaba parte do grupo municipal do PP.
O voceiro do goberno local, Raimundo González, informou desta sentenza ditada polo xulgado do contencioso-admnistrativo numero 2 de Pontevedra e que non é firme, aínda que a reclamante xa anunciou que non presentará recurso.
A reclamación de Biempica correu a mesma sorte que a dos seus tres excompañeiros de grupo, María José Rodríguez Teso, Ricardo Aguilar e Pablo Fernández, que tamén acudiron aos tribunais perdendo en primeira instancia e de novo ante Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.