Unha gaivota provoca unha pingueira no Museo
Por Oskar Viéitez
O edificio García Flórez do Museo de Pontevedra necesitou unha urxente intervención para tapar unha pingueira.
Cos seus reiterados picotazos unha gaivota levantou o canalón de chumbo do tellado o que provocou a filtración do auga de choiva.
O incidente foi detectado a tempo polo persoal do Museo que avisou da humidade nunha das paredes da escaleira. Esta rápida actuación evitou calquera tipo de afección nas valiosas coleccións que garda este inmoble.
Axudándose dun guindastre con brazo articulado varios operarios dunha empresa especialista en reformas accederon ata o tellado do vello edificio para illar convenientemente todo o perímetro da cheminea impermeabilizando a zona.
Iso si, en todo momento traballaron baixo a atenta mirada da autora do desaguisado, unha gaivota que inspeccionou os movementos destes técnicos para protexer o seu niño.
O pazo García Flórez foi levantado a finais do século XVIII por Antonio García Estévez e a súa esposa Tomasa Suárez Flórez.
O Edificio García Flórez mostra azabaches, gravados, escultura relixiosa, loza de Sargadelos, o despacho do almirante Méndez Núñez e unha reprodución da cámara da fragata Numancia, así como dunha cociña tradicional galega.