A Xunta admite discrepancias técnicas co Estado para transferir a autoestrada
Por Oskar Viéitez
O director xeral da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, reiterou a intención da Xunta de que se transfira a titularidade da AP-9 ao Goberno galego porque "é tecnicamente posible", aínda que admitiu que existen "discrepancias" co Estado para levala a cabo.
Estas discrepancias "están sustentadas en que os técnicos opinan cousas distintas dependendo do ámbito de xestión do que se trate", polo que aposta por chegar a "un consenso".
Así o contestou na comisión de Ordenación Territorial do Parlamento galego en resposta a unha pregunta do socialista Raúl Fernández, quen interpreta que "o PP ten un problema" que describiu como "unha especie de pulso de quen ten a razón".
Pola súa banda, Raúl Fernández apostou polo "rescate da concesión" e a súa transferencia ao Goberno galego, pero cre que "é necesario facer actuacións mentres tanto", con "controis rigorosos" das cláusulas da concesión.
E é que critica que hai "taras que limitan posibilidade de desenvolvemento" da AP-9 como eixe vertebrador. Por iso demanda paliar as constantes retencións de tráfico, as mala conservación da infraestrutura, as tarifas abusivas ou unha "sinalización incompleta".
Ademais, avoga por potenciar os trens de proximidades entre Pontevedra e Vigo.