O público xa non pasará frío no Teatro Principal
Por Oskar Viéitez
As obras de mantemento e acondicionamento do Pazo da Cultura e do Teatro Principal continúan a bo ritmo de traballo.
Esta mañá instalouse a nova climatización do Teatro Principal, o que obrigou a pechar todas as rúas Bastida, Tetuán e Don Filiberto entre as 9.15 horas e as 15.00 horas. A complicada maniobra fíxose cun guindastre de 60 toneladas que instalou a nova climatización no tellado, xusto no límite entre os edificios do Teatro Principal e o Liceo Casino.
A Concellaría de Cultura, que dirixe Anxos Riveiro, está a realizar unhas importantes tarefas de mantemento e acondicionamento tanto do Pazo da Cultura como do Teatro Principal por valor de 310.000 euros.
Salvador Casalderrey, responsable de mantenimiento del Teatro explicó que "a substitución da bomba de calor e a bomba de inercia, situadas no teito do escenario débese a que o vello era insuficiente e nos estaba creando moitos problemas, ademáis o gas freón que levaba xa non é axeitado coa nova normativa. O novo e máis eficiente, e pasado mañá xa estará a funcionar"
"Son traballos necesarios para o mantemento destas instalacións que se foron aprazando no tempo, pero que era preciso acometer, por iso acordouse falelo no último trimestre deste ano", explicó Anxos Riveiro.
A concelleira engadiu que entre as obras tamén se pintaron os interiores do Teatro en negro mate, incorporouse un telón a maiores, reforzáronse os equipos de emerxencia, do Teatro e tamén do Pazo da Cultura, mellorando os sistemas de anti-incendios; telas ignífugas, mellora da fontanería do Pazo, entre outros.