Comerciantes de Marín quéixanse pola falta de prazas de aparcadoiro
Por Oskar Viéitez
Os comerciantes de Marín quéixanse pola falta de prazas aparcamiento. O problema agravouse tralo inicio das obras de reforma da explanada sita entre a Escola Naval e o porto comercial, ante a Praza de España, que eliminou unha das principais bolsas de estacionamento que, aínda que con gorrillas, era de balde.
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, admite que en plena épocado Nadal o momento non é o máis axeitado pero era "agora ou nunca" xa que esta obra que se enmarca dentro do Proxecto Arela, está financiada con Fondos Europeos que esixen o remate da mesma antes do próximo 31 de decembro e de aí a celeridade coa que se inician os traballos, que se prolongarán durante as festas navideñas.
Os traballos foron adxudicados a Construcións Crespo, por un orzamento que ascende a máis de 240 mil euros.
Esta actuación permitirá conseguir un aumento na superficie do proxecto, para lograr unhas 40 prazas de estacionamiento máis.