Localizan unha ducia de cabalos salvaxes con cepos e patas atadas con cordas e cables
Por Natalia Puga
A presenza de cabalos salvaxes con cepos que veciños, comuneros e ecoloxistas levan denunciando dende hai anos empeza a ser cada vez máis alarmante para as asociacións defensores dos animais. Unha delas, Libera, que lidera as denuncias ao respecto, sinala que acaban de ser localizados unha ducia de equinos nos montes de Pontevedra que ademais dos habituais cepos teñen as patas atadas con cordas e cables.
A asociación animalista Libera denuncia estes novos avistamentos en montes de Pontevedra e sinala que son "unha variante cruel e igual de ilegal" que a de poñer os animais tan só cepos ou 'pexas' de madeira.
Segundo Libera, estas dez novas denuncias elevan a máis de 120 as recibidas sobre cabalos con algún tipo de artefacto nas súas patas, se ben eles calculan que podería haber en montes de toda Galicia 2.000 e 3.000 animais nestas circunstancias.
A entidade sostén que nos últimos tempos ten registado un incremento no número de denuncias, "grazas á crecente sensibilización da cidadanía e dos turistas que transitan cada semana polos montes galegos a través de rutas de sendeirismo".
Fronte a esta situación, denuncian "a permisividade e o pasotismo" da Xunta de Galicia como administración responsable "de garantir non só o benestar dos cabalos, senón tamén de velar pola súa correcta identificación en caso de que teñan respoble coñecido".
Relacionadas:
-
O eixo Pontevedra-Moaña lidera as denuncias por cabalos con 'pexas' que recibe a asociación Libera
Por Redacción |
-
Eurodeputados verdes denuncian a práctica das "pexas" nas Rías Baixas
Por Redacción |
-
Alertan da presenza de cabalos con cepos e cans abandonados na estrada de Campo Lameiro
Por Redacción |
-
Un milleiro de persoas pide á Fiscalía de Pontevedra e á Xunta medidas contra os cabalos con cepos
Por Natalia Puga |