Rajoy xa descansa no seu Nadal pontevedrés
Por Redacción
Mariano Rajoy xa descansa no seu Nadal pontevedrés. O presidente do Goberno está dende este venres en Pontevedra, onde viaxou tras participar no último Consello de Minsistros do ano, e prevé permanecer ata antes do Día de Reis.
O mandatario colleu un avión tras protagonizar o seu comparencia de balance do ano e deixouse ver xa este sábado tanto en Ribadumia coma en Sanxenxo. Pola mañá cedo protagonizou o xa habitual paseo pola Ruta da Pedra e da Auga de Ribadumia acompañado polo seu amigo José Benito Suárez Costa, presidente da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra e marido da ministra de Fomento, Ana Pastor. Máis tarde se deixou ver polo Club Náutico de Sanxenxo.
A diferenza das súas vacacións estivais, nas que se aloxa nunha casa de turismo rural de Ribadumia para evitar as aglomeracións das zonas turísticas en verán, nestes días de descanso invernais si se aloxa no piso que ten en propiedade a pé de praia en Sanxenxo.
Rajoy viaxou coa súa muller e os seus fillos, pero quedou en Madrid -xunto á súa irmá- o seu pai, Mariano Rajoy Sobredo. O coñecido maxistrado pontevedrés mudouse recentemente a La Moncloa e este Nadal quedou alí dado o seu delicado estado de saúde. De feito, o presidente non celebrou a Noiteboa e o día de Nadal en Pontevedra como é habitual para pasar estas datas co seu pai, que non pode desprazarse nunha viaxe tan longa.
Segundo ten trascendido, o presidente ten pensado pasar a noite de Noitevella na cidade de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Rajoy recupera as súas camiñadas polas Rías Baixas e pasea polas praias de Marín con Rueda e Ramallo
Por Redacción |
-
Os "adanes" de Podemos e outras perlas do patriótico brinde pontevedrés de Mariano Rajoy
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Un décimo premiado da lotaría viaxa de Pontevedra á Moncloa
Por Redacción |
-
Rajoy non volverá a casa polo Nadal
Por Oskar Viéitez |
-
Mariano Rajoy descansará ata o Día de Reis en Pontevedra
Por Redacción |
-
Mariano Rajoy despide as súas vacacións cun paseo 'con cámaras, pero sen micros' por Ponte Arnelas
Por Alejandro Espiño & Aitana Vidal |