David Amor, Gustavo Almeida e Frederlyn, na gala benéfica de Down Pontevedra
Por Redacción
A gala benéfica anual de Down Pontevedra Xuntos xa está de regreso. A súa edición número 27 celebrarase o venres 2 de xaneiro ás 20.30 horas no auditorio do Pazo da Cultura coa participación do humorista David Amor; os cantantes Gustavo Almeida, Frederlyn (finalista do programa de 'Uno de los Nuestros) e Fátima Caramés.
As entradas custarán 8 euros para os adultos e 5 euros para os nenos menores de 12 anos. Poden adquirise xa na perfumaría Tito de la Peña (rúa Oliva, 24) ou no local da asociación na rúa Rouco (número 1, 2º piso) e en horas previas estarán dispoñibles nas xanelas do propio auditorio.
Baixo a dirección do cantante Ángel Barry, permitirá recadar fondos destinados a financiar e potenciar o SEPAP (Servizo de Promoción de Autonomía Persoal).
Tras dezaoito anos ininterrompidos, a gala logrou fidelizar non só ao público pontevedrés senón a artistas que repiten edición tras edición, como o transformista Cristian ou a Orquestra Pontevedra. Así mesmo, contará coa activa participación dos mozos de Xuntos e o grupo de teatro Axóuxere -integrado por membros da asociación- representará a obra 'Pícnic'.
Compoñentes do Club Biqueira do Grove realizarán unha exhibición de ximnasia artística, haberá unha exhibición de cans intelixentes e non fallarán Cristian Show, o mago Pedro Volta e a orquestra Pontevedra con Anxo Barry.