O gran irmán do albariño será de libre acceso
Por Oskar Viéitez
Os datos de meteoroloxía e riscos que ofrece a plataforma Viñas Atlánticas serán de libre acceso para todos os viticultores de O Salnés.
Así o aprobou hoxe o comité de xestión deste proxecto no que participaron o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e os representantes das cooperativas Martín Códax, Condes de Albarei e Paco&Lola, promotores deste proxecto.
Viñas Atlánticas dispón dunha especie de gran irmán do albariño, unha completísima rede meteorolóxica con sensores e balizas localizadas nos viñedos que recollen numerosos datos de humidade, temperatura e outros parámetros cos que se compón un modelo matemático específico co que traballan os técnicos das adegas e que lles permite anticiparse a calquera tipo de incidencia, como a aparición unha praga.
Desde que o proxecto se puxo en marcha no mes de abril, 450 usuarios participaron desta plataforma on line, dos cales 350 fixérono de forma cotiá.
Os viticultores que seguiron o modelo apenas tiveron perdas na produción e reduciron os tratamentos contra o mildiu entre un 15 % e un 20 % respecto da media.