San Xulián, por fin, estrea beirarrúas
Por Oskar Viéitez
Ríos de tinta escribíronse sobre as ditosas beirarrúas da parroquia de San Xulián, que por fin xa foron inauguradas.
Tratábase esta dunha reivindicación histórica do vecindario de San Xulián para que a estrada que, de titularidade provincial, discorre pola parroquia entre Marín e Figueirido, dispuxese dun paso seguro para os peóns.
Goberno e oposición municipal, dun e outra cor política, enfrontáronse por este proxecto durante anos, entre eles, coa Deputación, coa constructora e cos veciños.
Ata agora. Hoxe a foto compártea o presidente da Deputación, Rafael Louzán, a actual alcaldesa, María Ramallo e o exalcalde, Fran Veiga, que xunto aos veciños inauguraron esta obra de mellora e dotación de beirarrúas e servizos en San Xulián.
A obra foi realizada pola empresa Sercoysa cun orzamento de 1 millón de euros.