A morte dunha porca enfronta nos xulgados a unha veciña da Lama e ao seu inquilino
Por Redacción
Pouco podía imaxinar Laura Garrido García cando alugou a súa casa de Paradela de Xende, no Concello da Lama, que remataría no xulgado. Moito menos que o faría en calidade de acusada e que o motivo que a levaría alí sería determinar a titularidade da súa porca.
Alugou a súa vivenda ao cidadán de orixe noruega Steve Hulaft tan só dous meses despois de reformala completamente. Ao pouco empezaron os problemas. Cinco meses despois da chegada do inquilino, descubriu que "la había destrozado completamente" e tivo outra ingrata sorpresa: adonárase sen o seu permiso da porca que tiña nunha corte anexa á casa.
O inquilino estivo, en total, cinco meses na vivenda. Durante "los dos últimos meses se adueñó de la cerda y empezó a alimentarla". Ao final o animal "acabó muriendo, le daba de comer lo que no debía", segundo acredita un informe que a familia de Laura Garrido solicitou a un veterinario.
Os desencontros entre dona e inquilino foron previos a este falecemento e remataron con Steve Hulaft fora da vivenda e presentando unha denuncia contra Laura Garrido por furto no Xulgado de Garda. Acudiu á via xudicial asegurando que a porca era súa e que ela lla quitara. Pero ela sostén que "estaba en la cuadra que está aparte de la casa y no se la alquilé".
Este mércores 3 de setembro o Xulgado de Instruccion número 3 de Pontevedra citou a inquilino e dona para unha vista oral nos Xulgados da Parda. Os dous acudiron, ela acompañada de varios familiares e testemuñas e él cunha persoa coa que estivera compartiendo a vivenda en cuestión.
A vista suspendeuse porque o demandante non levaba intérprete de noruego
Entraron na sala de vistas. Laura Garrido, cunha sensación de "impotencia" porque non entedía como era posible que un mero contrato de aluguer a levara a tal situación. Peor sensación levaba á saída da sala. Cando estaban todos dispostos a comezar o xuizo, o demandante, Steve Hulaft, solicitou ao xuíz que os suspendera. Non levaba intérprete.
"Firmamos el contrato de alquiler sin necesidad de traductor. Yo traté con él todo este tiempo sin problema y ahora lo necesita. Esto es increíble", relataba a demandada cando xa saía dos xulgados. Terá que volver o 14 de novembro, segundo a citación que xa lle entregaron do xulgado. Voltarán ela, os seus fillos e as testemuñas que, segundo relataron, van contar que "desvalijó la casa, se llevó mis pertenencias, me destruyeron la casa y parte de la vida".
Pero aínda terán pendente unha nova cita xudicial. Esta con Laura Garrido como demandante porque "aún me debe el último mes de alquiler y varias facturas de la luz, facturas descomunales, no sé qué estaría haciendo para consumir tanto".