"Máxima alerta e preocupación" ante a posta en liberdade de Josefa Charlín
Por Oskar Viéitez
A Fundación Galega Contra o Narcotráfico manifesta a súa "máxima alerta e preocupación" ante a posta en liberdade de Josefa Charlín, considerando "absolutamente inaceptable" a rebaixa na súa condena, que pasa de 32 a 11 anos, en virtude da última liquidación practicada pola sección 3ª da Sala do Penal da Audiencia Nacional.
"ÿ un erro maiúsculo; non se pode condenar a un narcotraficante a 32 anos para logo rebaixarlle a condena a 11, moito menos cando se trata dunha das principais figuras do narcotráfico no noso país, vinculada a numerosas operacións de tráfico de drogas, blanqueo de capitais, axustes de contas e outras actividades criminais", comentan desde este colectivo.
"ÿ unha auténtica aberración que un personaxe tan sinistro poida tomar o turrón na súa casa"
"Desde a Fundación consideramos que é unha auténtica aberración non ten outro cualificativo- que un personaxe tan sinistro poida tomar o turrón na súa casa, como calquera cidadán honrado, por culpa desta inadmisible redución de condena que anticipa ¡21 anos! a súa posta en liberdade".
A Fundación faise eco da "alarma e o temor " que esta noticia xa está causando na sociedade, alertando de que esta medida "compromete a seguridade colectiva" poñendo en perigo os avances logrados nos últimos tempos na loita contra o narcotráfico en Galicia e España, estimando que non se calibran as graves consecuencias que estas decisións teñen" cualificando a posta en liberdade de Josefa Charlín como un "atropelo ao sentido común e un perigo para a seguridade de todos".
"Transmite un nefasto exemplo de impunidade para outros narcos "
A FGCN espera que a Fiscalía recorra esta medida; neste sentido a entidade anuncia que instará á propia Audiencia Nacional, a Fiscalía Xeral do Estado, o Consello Xeral do Poder Xudicial e ao Ministerio de Xustiza a intervir nun asunto cualificado de "extrema gravidade", que ademais "transmite un nefasto exemplo de impunidade para outros narcos ", alertando do efecto chamada que supón para as mafias do narcotráfico a nivel internacional, porque, a xuízo da Fundación, "estas facilidades para os delincuentes trasladan a imaxe de España como paraíso das mafias e o crime organizado. Non é de estrañar que para moitos criminais o noso país sexa o lugar preferido para cumprir as súas condenas".