Solicitan ao Concello que Rajoy sexa considerado "persoa non grata"
Por Oskar Viéitez
Anova Irmandade Nacionalista, o proxecto de Xosé Manuel Beiras coaligado con Esquerda Unida na plataforma Alternativa Galega de Esquerda (AGE) presentará o venres no rexistro do Concello de Pontevedra unha solicitude dirixida ao alcalde, para que o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, sexa considerado "persoa non grata" no pleno municipal.
Ás 11.30 da mañá na galería Sargadelos, darán unha rolda de prensa para explicar os motivos desta acción.