As fortes chuvias poñen en risco o subministro de auga en Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Natalia Puga
Nas últimas dez horas o nivel de auga do río Lérez subiu dous metros á altura da estación de bombeo de auga de Monte Porreiro, segundo informou a concelleira responsable desta área, Carme da Silva.
Ante tal enchente do río existe un grave risco de que a estación de bombeo de auga de MontePorreiro, unha das partes fundamentais do fornezo para a cidade e os concellos veciños, quede asolagada e se paralice. Apenas falta un metro "ou mesmo menos" para que se produza a inundación.
"Si o bombeo inúndase quédanos como única posibilidade de abastecemento ou Encoro do Pontillón do Castro que non ten capacidade suficiente de desaugue, si de auga, pero non de canalización". O depósito está ao cento por cento, para garantir o subministro pero non ten capacidade suficiente en caso de que teña que ser a única vía para Pontevedra e comarca.
A concelleira non descarta que os servizos técnicos teñan que facer algún "corte preventivo" no subministro de auga que afectaría aos cidadáns dos municipios de Pontevedra, Marín, Poio e Sanxenxo. Sería, en todo caso, nas horas de menor consumo.
As previsións meteorolóxicas para os próximos días indican que seguirá chovendo aínda que non con tanta intensidade como nas últimas horas, de aí que confíen e qeu se free a enchente do nivel de auga. De todos os xeitos, "farase un seguimento continuo por se hai problemas".
A edil remontouse ao inverno do ano 2000-2001 para encontrarse cunha situción similar na estación de bombeo. Naquela ocasión, inundouse tres veces, pero, iso si, nunca foi necesario cortar a subministración de auga de forma total a todo o municipio, só cortes nocturnos.