Pintan con spray azul os petróglifos da Caeira
Por Oskar Viéitez
Se este mércores nos faciamos eco do dano sufrido por un petroglifo ao pasarlle por enriba un tractor no Parque de Arte Rupestre de Campolameiro, nesta ocasión o xornalista Juan Diego M. Alcaraz infórmanos da agresión infrinxida aos petróglifos da Área Arqueolóxica da Caeira.
Nesta ocasión os vestixios da Idade de Bronce que hai máis dun século descubriu o profesor pontevedrés, Ramón Sobrino, foron obxecto dunha pintada con spray.
Os máis de tres mil anos de antigüidade que suman estes gravados rupestres non foron suficientes como para lograr o respecto do autor deste absurdo garabato.
Estes conxuntos de petróglifos, máis de 20, foron postos en valor en xuño de 2009, polo Concello de Poio coa inauguración do Centro Arqueolóxico financiado no marco dun programa de desenvolvemento rural Proder II Comarca de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Mogor inaugura cunha visita nocturna o Centro de Interpretación dos seus petróglifos
Por Redacción |
-
Os xacementos arqueolóxicos chegan aos móbiles
Por Elsa Juliá Sánchez |
-
Cultura minimiza os danos infrinxidos por unha desbrozadora no petróglifo de Campo Lameiro
Por Oskar Viéitez |
-
Un tractor destrúe un petróglifo do parque rupestre de Campo Lameiro
Por Redacción |
-
Últimos trámites para a apertura do Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor
Por Diego Espiño |
-
Arte rupestre en Terras de Pontevedra, unha oferta máxica por descubrir
Por Redacción |