Os portos deportivos pontevedreses incrementan un 10,3% a súa actividade
Por Redacción
Os portos de titularidade autonómica da provincia de Pontevedra seguen unha liña de crecemento da súa actividade que durante o ano 2014 os levou a incrementar nun 10,3% de media o número de embarcacións en tránsito respecto ao ano anterior.
Segundo os datos aportados polo ente público Portos de Galicia, os portos deportivos pontevedreses recibiron 2.986 barcos en tránsito o ano pasado fronte ás 2.707 embarcacións destas características recibidas durante o ano anterior.
O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, indicou que, segundo datos facilitados polos propios xestores, as dársenas da provincia de Pontevedra, comprendidas entre Vilanova de Arousa e Baiona, consolidan esta actividade portuaria, que experimentara xa en 2013 un importante ascenso e que no último exercicio mellorou os seus resultados, acadando un novo récord histórico.
Os tránsitos da provincia de Pontevedra supuxeron preto do 40% do total de Galicia. Polo que respecta ás procedencias das embarcacións en tránsito, maioritariamente foron estranxeiras, con predominancia das francesas, seguidas de británicas.
Para Portos de Galicia, a captación de novos tránsitos é unha liña de traballo estrutural, tal como se recolle no Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020, que o ente público está a poñer en práctica.
Relacionadas:
-
Récord de embarcacións en tránsito aos portos deportivos pontevedreses
Por Oskar Viéitez |
-
Asinan en Pontevedra unha alianza estratéxica entre Portos de Galicia e La Rochelle francesa
Por Redacción |
-
Os portos das Rías Baixas recibiron 3.000 barcos de tránsito este verán
Por Redacción |
-
Portos de Galicia quere atraer 'megaiates' aos portos das Rías Baixas
Por Redacción |