Cumpliuse a sentenza de ENCE?
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal de Ence.
Con esta medida o Goberno Galego executa a decisión xudicial que esixe facer público o fallo así como a totalidade do proxecto en cumprimento da sentenza emitida fai uns meses polo Tribunal Supremo.
A Consellería de Economía e Industria entende que cumpre así a súa obriga e executa a decisión xudicial que esixe facer pública nun diario oficial tanto a totalidade da normativa do proxecto como o fallo emitido polo Tribunal Supremo.
Pola contra o Concello de Pontevedra, segundo explicou o concelleiro de Infraestruturas, Cesareo Mosquera, a sentenza declara "nulo e ineficaz"o proxecto sectorial, denominado "Asentamento Industrial de Lourizán". Polo que coa publicación no DOGA subsánanse a ineficacia "mais a Xunta obvia unha parte da senteza que é a declaración de nulidade".
Dende a consellería de Economía e Industria sinalan que coa publicación "dáse cumprimento á sentenza que considerou o proxecto válido pero ineficaz en tanto non se procedera á publicación do seu contido normativo no Diario Oficial de Galicia".
Mosquera entende que aquí "o único que queda claro e a decisión política de consolidar a catalogación industrial dos terreos sobre os que se asentan ENCE-ELNOSA e deixala fábrica na actual ubicación de por vida"
Polo tanto o Concello vai pedir a execución da sentenza, un asunto que están estudando os xuristas municipais.