Os bombeiros evitan que as lapas arrasen un edificio na Ferrería
Por Diego Torrado
Os Bombeiros de Pontevedra sufocaron este luns un incendio orixinado no edificio número dez da praza da Ferrería.
Segundo informou o xefe do servizo de Bomberos, Manuel Torres, un particular chamou sobre as doce da noite alertando de lume neste inmoble "por sorte colleuse a tempo porque non pasou moito tempo dende a alarma" ata a chegada dos efectivos, polo que se puideron atallar as lapas.
Manuel Torres advertiu que este edificio ten unha "carga moi importante" cunha estrutura de madeira bastante antiga e moitos mobles no seu interior. Está rápida intervención evitou que os danos na estrutura fosen de maior consideración.
Sobre as causas que orixinaron o lume, a Policía Científica, traballa coa hipótese de que un indixente que residía nunha da terceira planta acendese unha pequena cacharela para combater o frío e que este lume se escapase do seu control.
De feito o lume propagouse dende a terceira planta á superior e a inferior, derrubándose o chan entre os dous pisos.
O xefe do servizo de Bomberos informou que o sinistro "non debilitou estruturalmente ao edificio, ainda que este non estaba en bo estado ao atoparse abandonado".
Os bombeiros precintaron o edificio para evitar que volvan entrar "okupas".
Outro dos portais que ten acceso a este edificio, ao igual que o baixo comercial do establecemento Almacenes Clarita, non se viron afectados polo sinistro aínda que si pola auga utilizada polos bombeiros durante a súa intervención para sufocar as chamas.