Unha afectada polas preferentes péchase no interior do banco en bragas
Por Redacción
Unha veciña de Portonovo encerrouse esta mañá durante dúas horas na sucursal de Novagalicia Banco en sinal de protesta para que lle devolvan o seu diñeiro investido en participacións preferentes.
O singular da súa protesta é que o fixo vestida en roupa interior e cun cartel no que se lía Este banco me robó todos mis ahorros y me ha dejado en bragas". Así se sente estafada e espida do mesmo xeito que a súa nai que é outra afectada.