Queres entrar no Exército? Defensa convoca 40 novas prazas en Pontevedra
Por Redacción
O Boletín Oficial do Estado publica este venres a convocatoria do proceso selectivo para cubrir un total de 1.950 prazas para o ingreso como militar profesional da escala de tropa e mariñeiría das Forzas Armadas. A maior parte delas as, 1.320, son para o Exército de Terra, mentres que 395 son para a Armada e 235 para o Exército do Aire.
Desas prazas, o Exército de Terra convoca 20 prazas para o rexemento de Infantaría Lixeira Isabel la Católica 29, e 20 para o Batallón de Zapadores Ligero VII, ambos os dous situados no cuartel de Figueirido.
Por outra parte, a Armada convoca 37 prazas para buques e unidades da zona norte (Ferrol, Tui, Marín, San Sebastián, Bilbao) e o Exército do Aire 1 para o Escuadrón de Vixilancia Aérea de Noia.
Por iso, iníciase na Área de Recrutamento da Subdelegación de Defensa en Pontevedra, o proceso de selección, polo sistema de concurso-oposición, para cubrir as citadas prazas, para nacionais e estranxeiros. O prazo para presentarse a este proceso concluirá o próximo 12 de febreiro.
Para poder optar a unha destas prazas, os aspirantes deberán ter cumpridos 18 anos e non superar a idade máxima de 29 anos o día de incorporación ao centro de formación militar correspondente, así como estar en posesión dos niveis de estudos ou da titulación esixida que, como mínimo, será o de título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou os seus equivalentes.
Todos aqueles que desexen ingresar no exército deberán solicitalo persoalmente ou por correo certificado nas Áreas de Recrutamento, oficinas delegadas ou puntos de información dependentes das subdelegacións de Defensa -a de Pontevedra, na rúa Paseo de Cervantes-. Tamén poderán facelo por vía telefónica no número 902 432 100 ou a través da páxina web do Ministerio de Defensa.
Relacionadas:
-
Así se recrutan novos soldados
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O selfie de Soraya cos militares da Brilat en Afganistán
Por Redacción |
-
O xeneral da Brilat anuncia á tropa un ano 2015 austero e cheo de recortes
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Saen de Lavacolla os últimos soldados da Brilat que participarán na misión de Afganistán
Por Redacción |