Vaipolorío organiza unha visita guiada ás brañas do río Tomeza
Por Oskar Viéitez
O vindeiro 2 de febreiro, é o día da Candelaria: cásanse os paxaros e tamén é o Día mundial dos humidais. Co gallo desta data Vaipolorío celebra a sinatura do convenio de Ramsar, asinado na cidade iraní do mesmo nome no ano 1971, para preservar e dar a coñecer a importancia destes espazos naturais.
Con tal ocasión, o colectivo ambientalista organiza unha visita guiada ás brañas do río Tomeza (o río Gafos), con saída ás 16,30 horas da estación de autobuses de Pontevedra e cunha duración aproximada de dúas horas.
O río Cocho-Toxal-Tomeza-Gafos, conta con dous humedais chamados de terreo baixo, como di no seu libro, Carlos Solla: "boedos, chaguazos ou chagorzas. Unha en Bértola chamada "A Fonteiriña" (tramo río Toxal ) e outra "As Brañas" en Salcedo (tramo río Tomeza)".
Os humedais son de grande importancia ecolóxica, como se explicará nesta saída de Vaipolorío. Neles crece moito plancton que vai dar aos bancos marisqueiros das nosas rías.
Nun comunicado remitido aos medios, Vaipolorío reflexiona que historicamente a humanidade "foi dada a demonizar estes espazos, ben por precaución ou descoñecemento. De sempre, estes espazos, nos pareceron inservibles ou ben apropiados para convertilos en solo industrial, deportivo, etc. Como pasou coa Xunqueira de Alba, sempre nos ollos dos "predadores". Hoxe felizmente posta en valor polo Concello de Pontevedra e os comuneiros de Lérez".