Flashmob baixo a choiva
Por Oskar Viéitez
Hoxe sábado ás cinco da tarde organizouse un flashmob na Praza da Peregrina para promocionar la marca turística de Galicia dentro das actividades de Ferpalia.
Un flashmob é unha concentración espontánea de persoas convocadas a través das redes sociais e outros medios para realizar unha acción común, neste caso a intención desta actividade é captar a atención do público a través da auga e a choiva como protagonistas e desenvolver unha coreografía "bailando baixo a choiva".
Este evento fotografiouse e grabouse en vídeo para a súa difusión a través da Internet, ao obxecto de buscar a maior audiencia posible.
Autor: vozysonido Fonte: Youtube