A Audiencia fai oco e expurgará 22.000 expedientes xudiciais
Por Natalia Puga
Máis de 22.000 expedientes xudiciais agardan o seu futuro na Audiencia Provincial de Pontevedra. Permanecen almacenados en 1.023 caixas preparadas para que a Xunta de Expurgo decida sobre a súa conservación ou destrucción dentro do proceso iniciado no ano 2012 para o expurgo do arquivo da Audiencia Provincial.
Unha vez completada, a tarefa permitirá liberar espazo na sede xudicial mediante a eliminación definitiva dos expedientes que levan arquivados máis de cinco anos, conservar adecuadamente os documentos que teñen valor histórico e facilitar o acceso á documentación nos arquivos xudiciais. Ata o momento, non se atopou ningún proceso do que os responsables do expurgo teñan concluído que ten valor histórico para a súa conservación no arquivo provincial, circunstancia que si se deu noutras localidades.
Hai máis de dous anos a Xunta de Galicia puxo en marcha dúas experiencias piloto na Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza (TSXG) en A Coruña e nas Seccións Terceira e Cuarta da Audiencia de Pontevedra e actualmente o proceso vai a bo ritmo, tal e como pudieron comprobar este venres in situ o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial para Galicia, Juan Manuel Fernández; e o presidente da Audiencia de Pontevedra, Francisco Javier Menéndez Estébanez.
A experiencia piloto coruñesa xa rematou coa eliminación de 12.235 expedientes e en Pontevedra o "arduo" traballo de expurgo xa deixou resultados visibles e beneficios constatables no edificio xudicial da rúa Rosalía de Castro. Xa están gravados 41.360 expedientes repartidos en máis de mil caixas e deixou dispoñibles un total de 120 metros lineais libres de estanterías que agora poderán ser destinadas a outros usos.
Ademais, o proceso que botou a andar en dúas seccións xa se ampliou ás demais e aos Xulgados da Parda, onde están preparados xa 3.179 expedientes de xuízos de faltas dos xulgados de instrución número 1, 2 e 3 para a valoración da Xunta de Expurgo. Paralelamente, na Fiscalía Provincial elimináronse 32 toneladas de papel.
Á vista destes datos, Rueda destacou na Audiencia que o plan de expurgo vai "a velocidad de crucero" e permite a "organización, modernización y limpieza de las instalaciones" a través dun proceso "racional, organizado e integral". O vicepresidente valora que "no hay por qué guardarlo todo" e sitúa este traballo na modernización xudicial, pois "sin un archivo organizado es muy difícil decir que se está modernizando la Administración de Justicia".
Mediante a labor de expurgo, lévase a cabo un inventario dos inxentes fondos documentais que gardan os xulgados galegos e determinará cales son dignos de se conservar polo seu interese histórico e cales se poden eliminar. Unha vez feito este traballo, só quedarán aqueles expedientes con menos de 5 anos, os que teñan especial interese ou os de valor documental, que pasarán a un arquivo histórico.
Así, unha vez gravados os expedientes na aplicación informática existente para este fin, procédese á realización dun estudo das series documentais e dos organismos produtores por parte do persoal técnico de arquivos e a súa remisión á Xunta de Expurgo, xunto cun informe da Consellería competente en materia de patrimonio documental.
Relacionadas:
-
A Xunta trasladará máis de 100.000 expedientes xudiciais a un almacén de Campolongo
Por Redacción |
-
Autorizan a destrución de 192.000 procedementos xudiciais
Por Redacción |
-
A Audiencia de Pontevedra comeza a funcionar co sistema 'e-Fidelius'
Por Oskar Viéitez |
-
Retiran máis de 22 toneladas de documentación na operación limpeza dos Xulgados de Pontevedra
Por Redacción |
-
Comeza o labor do expurgo na sede xudicial pontevedresa
Por Oskar Viéitez |