Poñen en marcha a oitava edición do Plan Cultural de Ponte Caldelas
Por Redacción
Facilitar a actuación de agrupacións musicais e de baile do municipio nas celebracións veciñais e festas que se produzan nos diferentes núcleos e parroquias do municipio. ÿ o obxectivo da nova edición do Plan Cultural que pon en marcha o Concello de Ponte Caldelas.
Este oitavo Plan Cultural contará coa participación das seguintes agrupacións: os grupos de gaitas Airiños de Ponte Caldelas e Nós tamén imos, a Coral Valdarrosa, o grupo de baile flamenco Aires del Norte y Olé e a charanga tradicional Airiños da Fracha. O prazo para presentar o impreso de solicitude da actuación de calquera destes grupos finaliza o 31 de marzo e deberá formalizarse nas oficinas municipais.
Este plan representa tamén, segundo o goberno municipal, unha axuda para as agrupacións musicais, corais, folclóricas e de baile ao tempo que supoñen unha colaboración municipal coas celebracións de carácter festiva que teñen lugar no municipio xa que a administración local corre co custo destas actuacións o que supón tamén unha colaboración importante para os colectivos veciñais encargados de organizar estas festas.
A través desta iniciativa, o Concello favorece tamén o fomento da música tradicional e a participación veciñal xa que estas agrupacións están constituídas por residentes no municipio que ven tamén recoñecida, coa súa inclusión nesta iniciativa, o seu esforzo e cariño pola música e o baile.
Relacionadas:
-
Os nenos, os primeiros en recibir o ano 2015 en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Veciños de Baltar e Xustáns celebran o primeiro serán en Cristo Rei
Por Redacción |
-
Santa Ana e Vilarchán, dobre cita coas festas populares en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas rende tributo á súa 'xoia gastronómica' coa XLVIII edición da Festa da Troita
Por Redacción |