Os veciños de Lérez estudan novas vías de protesta para esixir medidas de seguridade viaria na N-550
Por Diego Espiño
Os veciños de Lérez, representado pola Asociación de Veciños San Bieito, seguirán loitando para que o Ministerio de Fomento instale medidas de seguridade viaria e calmado de tráfico na N-550 ao seu paso pola parroquia pontevedresa.
Farano malia as restricións que aseguran impúxolles a Subdelegación do Goberno para seguir manifestándose na rotonda da Ferreira, protestas que se iniciaron a mediados de decembro e que protagonizan periodicamente.
Dende a asociación aseguran que a representación gobernamental non tramitou a tempo o permiso necesario para manifestarse o pasado domingo 8 de febreiro, mentres este domingo día 15 lles prohibiu "ocupar parte de la vía e incluso el arcén", o que defenden impide na práctica realizar a manifestación.
Aínda así os veciños da parroquia concentráronse para evidenciar unha vez máis o seu malestar e estudarán agora novas vías de protesta co fin de manter viva a súa reivindicación, que pasa pola colocación de semáforos, lombos e pasos de peóns nunha estrada que consideran urbana e cun alto tránsito de peóns.
Cando se iniciaron as protestas os veciños solicitaron a Fomento, titular da estrada, unha reunión para expoñer as súas peticións, pero ata o momento non recibiron resposta.
Relacionadas:
-
Inician a instalación de semáforos na N-550 en Lérez
Por Redacción |
-
Fomento autoriza a instalación dos semáforos que reclaman os veciños de Lérez
Por Oskar Viéitez |
-
Fomento recibirá os veciños de Lérez que reclaman medidas de seguridade na estrada N-550
Por Oskar Viéitez |
-
Veciños de Lérez volven tomar á estrada da Coruña para reclamar medidas que calmen o tráfico
Por Redacción |
-
Manifestación arredor da rotonda de Médico Ballina ao berro de "lombos xa"
Por Natalia Puga |
-
Veciños de Lérez reclaman a Fomento medidas de seguridade viaria na N-550
Por Diego Espiño |