Once grupos participan no XXIV Concurso de Murgas
Por Redacción
Unha das citas máis esperadas do Entroido de Pontevedra, o tradicional Concurso de Murgas, ten xa composición oficial na súa XXIV edición.
Un total de 11 agrupacións inscribíronse na competición, que arranca este luns 16 de febreiro ás 21:00 horas no Pazo da Cultura.
Na primeira xornada subirán ao escenario Os de Noalla, Os Garoulos, Don Jo-Don, Os do Val do Lérez, Amoriños de Bora e Murga do Naveiro.
Pola súa banda a segunda semifinal, prevista para o mércores 18, compóñena: Artistas no pasado presente futuro, Murga PTV Miguelianas, Murga Femenina de Pontevedra, Os da Baiuca e Equipo Ja.
A final disputarase o xoves, tamén ás 21:00 horas no Pazo da Cultura.
Cada unha das murgas recibirá unha gratificación de 200 euros por participar e competir polos primeiros premios, de 1.200 euros para o gañador, 1.050 euros para o segundo grupo, 900 para o terceiro e 750 euros para o cuarto.
Relacionadas:
-
'Os da Baiuca' gañan o XXIV Concurso de Murgas
Por Mónica Patxot |
-
Cheo absoluto na primeira eliminatoria do Concurso de Murgas
Por Diego Torrado |
-
Aprazado o desfile de Entroido de Pontevedra por mor do mal tempo
Por Diego Espiño |
-
Amoriños de Bora abre "o mellor carnaval urbano de Galicia"
Por Diego Espiño & Diego Torrado |