O PP culpa da falta de axudas sociais á "vergonzosa desidia" do goberno local
Por Alejandro Espiño
13.000 euros. Son os cartos que, en materia de axudas sociais, recibiu Pontevedra da Xunta de Galicia no último ano. Das sete grandes cidades, é á que menos subvencións concederon. Pero isto non é, segundo o Partido Popular, por un maltrato do goberno galego coa capital da provincia, senón pola "vergonzosa desidia" do Concello de Pontevedra.
"Pontevedra está a la cola en las ayudas para igualdad, pero por la desidia del Concello, no porque no haya líneas por parte de la Xunta de Galicia", explicou o voceiro municipal, Jacobo Moreira, tras explicar que o Concello só solicitou axudas para manter o persoal do Centro de Información á Muller (CIM), "obviando subvenciones para conciliación familiar, ayuda contra la violencia de género o igualdad".
Jacobo Moreira dixo que "esta falta de sensibilidad del gobierno en materia social no es nueva", ao recordar que, ao principio deste mandato, "se suprimió al equipo de inclusión social" e que, nos últimos anos, deixáronse escapar axudas para atención psicolóxica y "se perdieron subvenciones por no cumplir los requisitos o por errores en la tramitación, fruto de descuidos administrativos".
Piden información sobre o crematorio en Mourente
Con respecto á instalación en Mourente dun tanatorio-crematorio, proxecto ao que se opoñen os veciños afectados, o voceiro do PP esixiu ao alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, "que diga de forma abierta y clara" si concederá a licenza ou non á empresa promotora e que o faga "ahora y no después de las elecciones".
Di Jacobo Moreira que Fernández Lores "tiene que dejar de ningunear a los vecinos", dos que explicou que presentaron alegaciones ao proxecto "e non se lles contestou". Segundo o xefe da oposición, "un alcalde no puede esconderse, debe dar la cara y explicarle a los vecinos qué es lo que va a hacer".
Para coñecer máis datos deste proxecto, o PP solicitará toda a información técnica na próxima comisión de Urbanismo, para decidir entón a súa posición con respecto ao mesmo. "Esperamos que antes el gobierno diga si urbanísticamente se puede hacer o no se puede hacer".
Fouces sae ao paso
A Concellaría de Benestar Social Municipal e Igualdade emitiu un comunicado horas despois da comparecencia de Moreira na que sinalou que "vese na obriga de puntualizar a información interesada" dada por aquel, ao entender que "a única pretensión do portavoz da oposición é pretender salvar á Xunta atancando ao Concello de Pontevedra".
A concelleira Carmen Fouces aclara que "se as accións que se pretenden subvencionar xa estiveran feitas ao longo do ano, poderiamos xustificar o gasto, pero corremos o risco de non recibir a subvención e ter que asumir o gasto integramente polo Concello". E lembra que "o Concello leva anos pedindo subvencións en materia de Igualdade que despois non se conceden, polo tanto, o sensato é utilizar os tempo das traballadoras e traballadores do Concello noutros trámites máis rendibles".