Incendio nun piso de Loureiro Crespo
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
Dous axentes da Policía Nacional tiveron que ser atendidos polos servizos sanitarios do 061 debido ás inhalación de fume durante un incendio que se produciu no quinto piso dun edificio de vivendas situado no número 29 da rúa Loureiro Crespo.
O lume orixinouse nunha campá extractora dunha cociña. Era pouco máis tarde das dez da noite.
O sinistro xerou unha intensa fumareda que afectou á totalidade do domicilio e estendeuse outros puntos do inmoble, o que que obrigou a desaloxar practicamente todo o edificio, situado moi preto da antiga comandancia da Garda Civil.
Os Policías, que foron os primeiros en chegar, percorrían o edificio para buscar posibles vícitimas.
Relacionadas:
-
O heroe reincidente
Por Redacción |