A Festa do lacón con grelos alegra o día en Cuntis
Por Diego Torrado
Cuntis volveu celebrar a Festa do Lacón con Grelos cunha xornada ateigada de actividades para todos os visitantes. A primeiras horas da mañá levouse a cabo a IV Ruta BTT do lacón con grelos para dar paso á actuación da Agrupación municipal de Música e Baile tradicional de Cuntis coa apertura da feira artesanal na que tamén se podían degustar diversos produtos agroalimentarios.
As actrices Marián Bañobre e Isabel Risco ofreceron un divertido pregón e a continuación comezaron as mostras da camelia, da festa da Belle ÿpoque, de reloxos antigos, da cerámica de Castrolandín e da mostra de encaixe, ademais dunha exposición dos 18 anos que se leva celebrando a Festa do Lacón con Grelos.
Durante a xornada tamén tivo lugar unha nova edición de Vespalacón e unha mostra do entroido tradicional coa participación dos Cardadores de Vale de Ílhavo de Portugal.
A comida contou coa presenza de numerosos asistentes que acudiron ata a carpa para fincar o dente no produto típico desta festa que se celebra dende 1998 e que conta co distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia.
Durante a tarde, os mozos gozaron de actividades na carpa e a actuación das orquestras de acordeóns Arosa Bay. Os eventos finalizaron co Velorio del Chapante e o seu posterior enterro.