Ana Pastor destaca que Pontevedra será "más competitiva" coa ampliación da ponte de Rande
Por Redacción
A ampliación da ponte de Rande comezou este venres coa colocación simbólica dos dous primeiros marcos. A ministra de Fomento, Ana Pastor, destacou a importancia desta actuación para Pontevedra xa que "este impulso a la autopista AP-9 va a posibilitar mayor movilidad y bienestar a los ciudanos, y mayor competitividad a las empresas que operan en esta zona".
Así mesmo, o Ministerio de Fomento, dentro do vixente protocolo asinado coa sociedade concesionaria Audasa, está a impulsar outras actuacións na Autoestrada do Atlántico, que mellorarán decisivamente a súa conectividade coas cidades de Pontevedra e A Coruña.
Unha delas é a remodelación do enlace da AP-9 de Pontevedra Norte (PK 129), o chamado 'nó de Bombeiros'. Esta actuación permitirá aumentar a funcionalidade, comodidade e capacidade deste enlace, mellorando a conectividade de Pontevedra coa AP-9, a través da Ponte das Correntes, que conecta ambas as dúas marxes da ría de Pontevedra e que foi posto en servizo en 2012.
Tamén se remodelará o semienlace de Figueirido, que une a N-550 coa AP-9 e que actualmente só permite os movementos en sentido norte (Pontevedra). Será completado cos movementos en sentido sur (Vigo).
Con iso, pasará a ser un enlace completo, o que mellorará substancialmente a conectividade de Vilaboa e a zona sur do termo municipal de Pontevedra. Neste enlace, ademais, conectará a futura autovía A-57, permitindo deste modo unha mellor integración, mallado e conectividade da Rede de Estradas do Estado.
Relacionadas:
-
Meijón pregunta a Ana Pastor cando concluirá o enlace de Bombeiros coa AP-9
Por Redacción |
-
Por primeira vez en cinco anos a peaxe das autoestradas non subirá en 2015
Por Redacción |
-
Autopistas del Atlántico licita as obras de ampliación de Rande
Por Redacción |
-
As bonificacións na volta entre Pontevedra e Vigo pola AP-9 superaron os 1,4 millóns de viaxes
Por Redacción |
-
"Rebaixamos a peaxe entre Pontevedra e Vigo porque é ata un 60% máis caro que o resto da AP-9"
Por Alejandro Espiño |