Rouban un coche con dous Bulldog dentro, devólveno, pero quedan cos cans
Por Natalia Puga
"Me han robado estos perros hoy por la tarde", anunciaba o luns Fernando Lorenzo a través da rede social facebook. Incluía unha foto dos dous animais, da raza Bulldog inglés, e pedía información e difusión á denuncia.
A petición non tardou en ter resposta. El compartíaa no muro da Protectora de Animais Os Palleiros de Pontevedra e en cuestión de horas empezou a propagarse polas redes sociais.
Nas últimas horas empezaron a saber máis datos. Os amigos do propietario dos canes desvelaban que o roubo foi do máis curioso.
Á vítima roubáronlle o coche cos dous cans dentro e o vehículo apareceu na estrada que une Pontevedra con Vilagarcía, pero "dos cans non se sabe nada", indicaba unha amiga na mesma rede social.
Toda persoa que teña información sobre o paradoiro dos cans pode poñerse en contacton Os Palleiros.