Facenda e Deputación aínda non se sentaron a negociar a cesión do edificio da Ferrería
Por Oskar Viéitez
A persoa responsable do futuro da antiga sede da delegación de Facenda en Pontevedra, coñece ben o edificio da Ferrería. Trátase da viguesa, Marta Fernández Currás, a secretaria de Estado de Presupostos e Gastos do Ministerio de Facenda.
A que fora conselleira de Facenda na Xunta de Galicia ata o ano 2011 aínda non abriu unha vía de negociación para ceder o histórico edificio pontevedrés á Deputación. Así o confirmou o presidente da Administración provincial, Rafael Louzán.
A idea é converter o edificio nun gran centro de investigación do Museo e na sede de todos os arquivos da provincia. Unha proposta que conta co respaldo do alcalde de Pontevedra.
Mentres tanto o tempo corre en contra do emblemático inmoble no que cada día se agrava o seu deterioro.
Rafael Louzán segue insistindo co Ministerio de Facenda para que se abra canto antes esta negociación para que a Deputación poida volver ser titular do vello edificio de San Francisco que se encontra totalmente baleiro dende finais de novembro do pasado ano.
Os plans do Ministerio que dirixe Cristóbal Montoro pasaban por vender o edificio, algo que o concello parece ter evitado tras a reunión do alcalde co director xeral de Patrimonio do Estado, Juan Antonio Martínez Menéndez. Agora queda dar outro paso, se cabe máis difícil.
Relacionadas:
-
O PP propón crear a Casa de Cultura Municipal Alexandre Bóveda no antigo edificio de Facenda
Por Anxo Lourido |
-
A Deputación de Pontevedra quere quedar co convento de Santa Clara
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno local "saúda e apoia" a idea de Louzán para a antiga Delegación de Facenda
Por Redacción |
-
Louzán propón converter o edificio de San Francisco nun gran centro de investigación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Hacienda acepta estudar a cesión do seu edificio na Ferrería ao Concello e a Deputación
Por Alejandro Espiño |