'Terra das marabillas', un documental sobre o mundo máxico e mitolóxico de Salcedo
A xornalista Ana Lois, que esta realizando investigacións por toda Galicia en busca do patrimonio histórico e inmaterial que se encontra en toda a comunidade autónoma, presenta con 'Terra das marabillas', o mundo máxico e mitolóxico da parroquia de Salcedo, englobado dentro do proxecto Palabras Secretas, que se pode seguir dende a súa web, e se iniciou co documental 'Terra de Pastequeiros'. Todo iso parte do Plan de Patrimonio Rural para a recuperación do patrimonio e en colaboración coa Sociedade Antropolóxica Galega, un iniciativa financiada polo Concello de Pontevedra.
O domingo 15 ás 19.00 horas emitirase o documental no Teatro Principal de Pontevedra cunha entrada libre ata completar aforamento. Ana Lois comentou este mércores en rolda de prensa que o éxito que tivo a primeira parte influenciou para que esta vez se cree unha exposición complementaria que estará unhas dúas semanas a partir do próximo mércores 18 no Centro de Interpretación Torres Arcebispais (CITA) e na que se expoñerán curiosas ferramentas e obxectos para as prácticas "máxicas" e vídeos do mesmo documental para aqueles que non puidesen velo durante a proxección do domingo.
O documental céntrase esta vez na parroquia de Salcedo que, segundo palabras de Luis Bará, concelleiro de Patrimonio Histórico, durante a presentación, é unha das máis estudadas en referencia ao tema de maxia, seres mitolóxicos, remedios e tradicións. Ten unha duración de 65 minutos e consta de máis de 20 capítulos nos que se trata a mitoloxía de Salcedo, remedios da medicina popular, como predición a morte ou adiviñación o futuro... Este segundo documental de Ana Lois a diferenza da primeira parte, 'Terra de Pastequeiros', mostrará tamén como elaboran as mulleres filtros de amor infalibles ou os castigos que conxuraban cando sufrían mal de amor.
Segundo Ana Lois, "hai material para unha película ou dúas". También comenta que a diferenza do secretismo que adoita percibir nas aldeas galegas sobre o tema no que se centra a súa investigación en Salcedo se encontrou que o orgullo que senten os habitantes pola súa tradición mitolóxica ou máxica fai que se trate o tema con naturalidade e se mostren "contentos de falar con todos aqueles que pregunten polo tema". Non é de estrañar nunha comunidade que aínda mantén vivas tradicións como a de traballar con plantas para elaborar medicina tradicional.