Os praceiros fórmanse para previr roubos, que recoñecen que son "escasos"
Por Redacción
As dúas asociacións de comerciantes da praza de abastos de Pontevedra formáronse este venres en como converter o seu ámbito laboral nun lugar máis seguro e libre de delitos, en especial, sen furtos nin roubos. A formación correu a cargo dos responsables de participación cidadá da Comisaría Provincial de Pontevedra, que lles trasladaron os consellos da campaña estatal 'Plan Comercio Seguro'.
O coordinador de participación cidadá, Manuel Vázquez, repartiulles folletos con consellos sobre como asegurar o seu establecemento, aos transportistas ou as tarefas de distribución e recomendoulles que adopten medidas preventivas como instalar un sistema de peche seguro, non realizar o reconto de caixa a última hora, non se fiar de servizos técnicos non contratados sospeitosos ou evitar sempre o enfrontamento co delincuente, especialmente se vai armado.
Trátase de consellos xerais para todos os comerciantes, que recoñece que non sempre son aplicables para un espazo comercial como a praza de abastos.
Manuel Vázquez indicou que o mercado pontevedrés está en "una de las ciudades más seguras de España", se ben recoñece que se dan roubos e outros delitos puntuais como o recente roubo nun camión de repartición de polos. Tras reunirse coa Asociación de Profesionais da Praza de Abastos de Pontevedra e a Asociación do Mercado de Abastos de Pontevedra (Amapo) indicou que as responsables de ambos os dous colectivos "se mostraron interesadas" nos consellos achegados e "siempre colaboran con el Cuerpo Nacional de Policía".
A vicepresidenta da Asociación de Profesionais da Praza de Abastos de Pontevedra, Loli Torres, indicou que os furtos e roubos son "escasos" no ámbito do mercado. Aínda que nos últimos tempos "ha habido hurtos", asegura que "de momento, está tranquilo". Malia todo, agradece que "los consejos siempre están bien".
Relacionadas:
-
Activan un plan para ter un comercio seguro este Nadal
Por Redacción |
-
Para que o fresco só sexa o peixe
Por Redacción |
-
Alerta temperá para loitar contra o ciberbullying
Por Redacción |
-
A Policía dá unha charla a directivos de empresas de transportes para evitar roubos
Por Oskar Viéitez |
-
Roubos no rural, o botellón e os after, principais queixas veciñais ante a Policía
Por Redacción |
-
A Policía Nacional forma os vendedores da ONCE para evitar que lles roben
Por Redacción |