"Que a fin do mundo nos pille de festa"
Por Alejandro Espiño
- O ano que ven xa non estaremos aquí, dille unha muller á amiga que ten ao lado.
- E lo, por que?, lle contesta ela con cara de asombro.
- Mañá non é o fin do mundo ese do que falan?, comenta de novo.
- Bueno, muller, pois polo menos que nos pille de festa. (ambas rin con forza)
Con ese espíritu, a Casa Rosada de Poio acolleu esta tarde a tradicional Festa dos Maiores, un evento de lecer que organiza cada ano a empresa Idades S.L., concesionaria do servizo de axuda no fogar do Concello de Poio. Preto de vinte persoas dependentes ou con problemas de mobilidade xuntáronse para festexar o seu día e comezar con bo pé a celebración deste Nadal.
Unha merecida homenaxe a xente que amosa cada día unas ganas inmensas de vivir. E iso notouse no ambiente. Na festa non faltou de nada. Comida, bebida, baile, agasallos, boas conversas e risas e sobre todo, música. A asociación de música tradicional Tras do Valo puxo banda sonora á festa, interpretando numerosas pezas do imaxinario colectivo galego.