A confraría da Vera Cruz sobe en volandas ao Cristo das Tres Caídas
Por Oskar Viéitez
Por segundo ano consecutivo a Confraría da Vera Cruz e Misericordia ten procesionado este Luns Santo polo centro histórico da capital ao Cristo das Caídas.
A imaxe, que se venera no convento de Santa Clara, estivo acompañada por unha representación das sete agrupacións penitenciais que fan posibles a Semana Santa de Pontevedra.
A procesión saíu un pouco máis tarde das 8.30 da tarde da igrexa parroquial de San Bartolomé.
A Vera Cruz, a máis antiga e máis numerosa das confrarías da cidade do Lérez, portou cos brazos ao paso do Cristo das Tres Caídas. Os Excantores do Coro dos Institutos e o Coro Luis García Limeses interpretaron motetes en varios puntos do percorrido.
Este Martes Santo está prevista a procesión de Xesús Nazareno e María Santísima da Esperanza a cargo da Confraría do Silencio.
Relacionadas:
-
A procesión do Resucitado pecha a Semana Santa pontevedresa
Por Diego Torrado |
-
Sete confrarías e un millar de confrades na procesión máis multitudinaria da Semana Santa
Por Diego Torrado |
-
Os Pasos volven por Xoves Santo
Por Diego Torrado |
-
Numerosos devotos asisten á terceira procesión da Semana Santa, a do Nazareno
Por Diego Torrado |
-
O bo tempo previsto para esta Semana Santa garante a celebración de todas as procesións
Por Redacción |
-
O Cristo das Caídas volve a procesionar o centro histórico
Por Redacción & Diego Torrado |