Homenaxe a 70 trabajadores que se xubilan dos centros de saúde
Por Oskar Viéitez
Os centros de saúde da área de Pontevedra e do Salnés celebraron un acto de homenaxe e despedida aos traballadores que en 2012 alcanzaron a súa xubilación.
En total, este ano xubiláronse 70 trabajadores, entre facultativos, enfermeiros, auxiliares de enfermería, auxiliares administrativos, psicólogos, personal de mantemento, celadores e unha limpadora, que desenrrolan a sua tarefa nos distintos servizos.
O xerente do Xestión Integrada de Pontevedra e Salnés, José Manuel González, resaltou a importancia do traballo realizado polos profesionais hoxe homenaxeados, aos que agradeceu a súa dedicación durante todos estes anos e aos que fixo un chamamento para que, a pesar da súa xubilación como persoal activo, non se afasten dunha institución da que sempre formarán parte.
En nome dos profesionais xubilados, pronunciou unhas palabras o doutor Angel Jorge-Echeverry, ata agora xefe de Traumatoloxía B do Complexo Hospitalario de Pontevedra.
O Acto ramatou coa actuación da Coral Polifónica O Chopo.